O sitio de vídeos transmite en directo este xoves ás 13 horas o anuncio do gañador deste ano.
Ao longo da semana, Youtube está a transmitir en directo o anuncio dos gañadores dos premios Nobel, que entrega a Academia Sueca. Os anuncios pódense ver a través da canle http://www.youtube.com/thenobelprize. Este xoves 8 de outubro ás 13 horas coñecerase o gañador do Nobel de Literatura, o de Paz anunciarase o venres 9 ás 11 h, e o de Economía o luns 12 ás 13 h.
A día de hoxe, a casa de apostas en internet Ladbrokes.com sitúa como autores con máis posibilidades de ser premiados ao israelí Amos Oz e á escritora alemana de orixe romanesa Herta Müller, seguidos dos estadounidenses Phillip Roth, Joyce Carol Oates e Thomas Pynchon. O candidato galego segue a ser Xosé Luís Méndez Ferrín, co apoio do Centro PEN Galiza.