Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incremento do 121% en 2009

O Noitebús superou os 100 mil usuarios este verán

As 204 liñas en funcionamento acadaron unha media de usuarios de case medio milleiro de persoas. A máis demandada foi a ruta Baiona-Vigo.

Redacción - 11:45 04/10/2009

A masiva mobilización da mocidade entre as diversas zonas de lecer do país conta desde hai poucos anos cunha alternativa que pretende reducir o número de vehículos particulares en movemento por estas estradas e con iso o aumento do risco de accidentes.

As cifras que esta semana se coñecen co balance do último verán, logo de peneirar o uso do servizo entre o 15 de xuño e o 31 de agosto, dan mostra do éxito da iniciativa. As 204 liñas operativas moveron unha media de 500 viaxeiros e un total de 101.824 mozos subiron a algún dos roteiros deste servizo de transporte dependente da Consellaría de Territorio e Infraestruturas. Trátase xa que logo dun incremento do 121% respecto da campaña no mesmo período de 2008. As rutas con maior número de usuarios son Baiona-Vigo, Ribeira-Padrón, Redondela-Vigo, A Coruña-Betanzos, Marín-Pontevedra, Negreira-Brión-Bertamiráns-Santiago e Pontevedra-Sanxenxo-Portonovo. Deica xuño de 2010 está prevista a apertura de até 16 novas liñas. Recordámoslles que o Noitebús facilita o transporte durante toda a noite entre as zonas de lecer nocturno por unha tarifa unificada de dous euros.

Por outro lado, desde a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avanzan a apertura de deiálogo cos concellos polos que pasa este servizo "co obxectivo de evitar que o NoiteBús sexa empregado como un medio para trasladar o botellón dunha localidade a outra e, en consecuencia, evitar que contribúa a agravar os problemas ligados ao botellón". Entre outros, a consellaría propón a posibilidade de prohibir que se acceda con bolsas ao servizo de transporte "e algunhas outras limitacións disuasorias".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: