Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SISTEMA FINANCEIRO

A conselleira de Facenda opina que é “unha pena” desperdiciar a ocasión de crear unha gran caixa galega

Fernández Curras sinala que as dúas caixas poden sobrevivir por separado pero advirte que o FROB ten un prazo de caducidade.

Redacción - 13:37 27/09/2009

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Curras, referiuse este domingo á posíbel fusión das caixas galegas. Nunha entrevista concedidaq aa Europa Press, Fernández Currás sinalou que, aínda que Caixa Galicia e Caixanova son “grandes abondo para viviren por separado”, sería “unha pena” desperdiciar o Fondo de Restruturación Ordenada Bancaria creado polo goberno español para operacións que garantan a viabilidade das entidades de aforro e que ten un prazo de caducidade.

A conselleira subliñou que é preciso estar atentos ao contexto financeiro xa que o “escenario actual permite pensar en todo tipo de movementos”. Porén, a conselleira cre que o Goberno ten que escoitar de xeito preferente o que pensan as propias caixas antes de actuar.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: