Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FINANCIAMENTO

"A Xunta non ten cartos para devolver o que o goberno español reclama", asegura Núñez Feijoo

Acusa o executivo estatal de descoordinación na negociación e lamenta que os presidentes autonómicos tivesen que informarse das propostas polos medios.

Redacción - 12:45 21/09/2009
Feijoo, este luns

Feijoo, este luns

A polémica polo financiamento autonómico é un tema que, malia o seu longo percorrido, dista de rematar. Logo de que o a ministra de Economía anunciase que a Xunta tería que devolver 1.900 millóns de euros do financiamento recibido durante os exercicios de 2008 e 2009 por mor da recadación en Galiza, por baixo das estimacións de ingresos da Administración central, chega o pronunciamento de Feijoo. Desta volta, o presidente da Xunta advertiu que o Goberno non devolverá os cartos que o executivo español lle reclama, simplemente, "porque non os ten".

Na mesma liña, nunha entrevista a Europa Press, Alberto Núñez Feijoo acusou de descoordinación o executivo español asegurando que os presidentes autonómicos "obtiñan a información" das diferentes propostas "a través da prensa ou chamándose entre si para saber algo do que se lles estaba a propoñer aos demais, porque non había ningún goberno que o dixera".

Sobre transfuguismo, Silleda e Gondomar
Sobre as mocións de censura que están de actualidade no país, Feijoo trasladou a responsabilidade cara os partidos da oposición, o PSdeG e o BNG. Afirmou que "está nas súas mans" que non haxa cambios de goberno porque "se ambos manteñen os seus pactos, nada sucederá". Así, matizou que en Galiza "existen coalicións PSdeG-BNG que se fixeron nos despachos de Santiago a desbandada" en canto se perderon as eleccións galegas.e non en cada concello", o que, na súa opinión, ten como consecuencia "unh

Finalmente, formulou a "necesidade de facer axustes no sistema electoral, porque en concellos e comunidades autónomas, cando un partido gaña as eleccións, non debe estar na oposición".


1,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: