Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACCIDENTE

Morre un mariñeiro sirio ao se incendiar un barco a 40 millas da Coruña

Outro tripulante do  'Master Dadivov', de bandeira panameña, resultou ferido. O resto dos traballadores foron socorridos por Salvamento Marítimo.

Redacción / EP - 09:21 21/09/2009

Un incendio rexistrado nas máquinas do barco de bandeira panameña Master Dadivov provocou a morte dun dos seus tripulantes. O capitán do buque, que navegaba a 40 millas da Coruña, está ferido, segundo fontes de Salvamento Marítimo.

O aviso recibiuse pasada a medianoite do domingo ao luns. Salvamento desprazou ao lugar o buque Don Inda e o helicóptero Helimer 210, que trasladou os afectados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Segundo as fontes consultadas, un total de 18 tripulantes sirios, un mariñeiro palestino e outro mexicano atopábanse a bordo do barco. O lume quedou controlado contra a madrugada.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: