As lapas arrasaron desde a madrugada do venres ao sábado 130 hectáreas do municipio de Cervantes.
Na zona permanece un continxente
Os servizos de extinción da Xunta deron por controlado este domingo o lume rexistrado na madrugada do venres ao sábado, e que dende entón arrasou 130 hectáreas da parroquia de San Fiz de Donís, no municipio de Cervantes, na Serra dos Ancares.
O incendio iniciouse con dous focos diferentes, un na zona de Corneantes e outro en Pena do Pando. Segundo as valoracións da Consellaría de Medio Rural, a maioría da superficie queimada -115 hectáreas- é superficie rasa.
No lugar do sinistro permanece parte do continxente despregado "para atallar calquera avance secundario das lapas e evitar, así, que se o lume se reproduza noutro punto", informou o departamento que dirixe Samuel Juárez.