A Baña, O Grove, Mesoiro e Redondela apostan polos grupos locais, a poesía faise forte en Salvaterra e Culleredo trae clásicos xamaicanos.
O Festival de Poesía do Condado é xa un clásico en setembro. Na súa edición número 23 volve xuntar música e poesía chegadas de Galiza, Brasil, Portugal e Cabo Verde. Cara a Xamaica pon a súa mirada o Reggae Fundation Festival de Culleredo, que explora os sons máis clásicos do xénero co grupo de Full Fullwood, un baixista da era dourada do reggae.
No Novo Mesoiro (A Coruña), A Baña, Redondela e O Grove, os festivais desta fin de semana apostan polo rock galego, e en especial polos grupos das súas comarcas. Os seguidores da música tradicional, poden seguir a ruta dos seráns polo sur de Galiza: o venres ás 22 horas hai serán nas festas dos Liñares de Canido (Vigo), e o sábado á noite no parque do Tamuxe en Pías (O Rosal) e na praza do Concello de Salceda de Caselas.
Venres 4. Denosiñas Rock (A Baña).
A partir das 21.30 horas na área recreativa de Agra do Chan actúan Xan Solo, Marmota Phil, Pito de Pikasso, Rockin’13 e Kaña de Herbas.
Venres 4. Lixo Rock (Redondela).
Jam session de rock cos músicos da vila, os veteranos e os de novas fornadas.
Venres 4 e sábado 5. Festival de Poesía no Condado (Salvaterra de Miño).
Venres: Covalblu, The Turre's Band, exposicións e proxeccións audiovisuais.
Sábado: Música con Covalblu, Quempallou, Skacha, Jon Luz e Rebeliom. Poesía con Anxo Angueira, Mario Regueira, Carlos Santiago, Xabier Xil, Susana S. Aríns, J. Alberte Corral, David Pobra, Dores Tembrás, Brais González, Manolo Pipas, Alberte Momán, Filipa Leal e Óscar Mourave. Ademais, obradoiros, palestras, billarda e feira popular.
Venres 4 e sábado 5. Mesoirock & Folk (Novo Mesoiro, A Coruña).
Venres: Miguel Costas, Seissenseis, TST, DjTrape, Arte en Tinta, DJ Héctor Morán e DJ Pablo Ferreiro.
Sábado: Riff Raff, Jacobo Paz & Dos Mundos, Tonhito de Poi con Rasa Loba, Alann-Bique e Muxarega.
Venres 4, sábado 5 e domingo 6. Con Negro Paraxe Festival (San Vicente do Mar, O Grove).
Venres: Mr Hide, Hell's Riders, End-Shit, The Noiser, Sky Dancer e X-Trume.
Sábado: De Buena Tinta, Buko, Almas Negras e Grove Hustlas.
Domingo: Exhibición de parkour e outras actividades.
Sábado 5. Foundation Reggae Festival (O Burgo, Culleredo).
Tosh Meets Marley Fully Fullwood Band, Kumpania Algazarra, Zamaramandi e Junior Tshaka.