Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O 4 e 5 de setembro

O Festival de Poesía no Condado reivindica unha alternativa

Baixo o lema “Outro mundo é necesario. Construamos a alternativa”, poetas e músicos vólvense xuntar nas murallas de Salvaterra.

Redacción - 09:30 29/08/2009
Presentación do XXIII Festival de Poesía no Condado

Presentación do XXIII Festival de Poesía no Condado

Poucas veces centos de persoas se xuntan para escoitar declamar poesía. O Festival de Poesía no Condado volverao facer o 4 e 5 de setembro na súa edición número 23. No recinto das murallas de Salvaterra de Miño a Sociedade Cultural Deportiva do Condado volverá reivindicar o carácter mobilizador da palabra poética nunha edición que leva como lema “Outro mundo é necesario. Construamos a alternativa”.

Nesta ocasión o festival quere chamar a atención sobre “a demanda da construción dunha realidade alternativa para o futuro do país e do mundo”. O momento central do certame será o recital da noite do sábado, que presentará Carlos Blanco. A partir das oito e media alternarán sobre o escenario poesía e música. Entre os poetas participantes figuran Anxo Angueira, Mario Regueira, Carlos Santiago, Manolo Pipas, Alberte Momán, a portuguesa Filipa Leal e o brasileiro Óscar Mourave. A música no recital porana Covalblu, Quempallou, Skárnio e o caboverdiano Jon Luz.

O programa complétase con exposicións de artes plásticas e fotografía, proxeccións audiovisuais das curtas gañadoras no Festival de Cans e do documental Mulheres da Raia, de Diana Gonçalves, palestras, actividades para público infantil, unha marcha popular polo sur do Condado, un aberto de billarda e a presentación do libro Suburbia de Óscar Mourave. O venres pola noite haberá música galega con Covalblu e The Turre's Band, e o sábado unha feira popular con colectivos sociais e artesanía.

A SCD Condado edita cada ano un libro no que recolle os poemas dos autores que participan no encontro. O desta edición estará prologado pola sindicalista agraria Lidia Senra.


4,4/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: