Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ferramentas contra a pandemia

O goberno español creará unha comisión para a análise da gripe A nas escolas

Gabilondo e Jiménez acordan excluír ao profesorado dos primeiros grupos vacinados e non pechar os colexios a causa da doenza

Redacción - 11:00 02/09/2009
As novas medidas foron acordadas coas comunidades autónomas

As novas medidas foron acordadas coas comunidades autónomas

Os ministerios de Educación e Política Social crearán unha comisión de seguimento para analizar a situación e a posibel evolución da gripe A nos centros escolares, tanto españois como europeos. Ademais, editarán unha guía de recomendacións que elaborará a Comisión de Saúde Pública no prazo dunha semana.

Son estas as principais medidas acordadas o martes na Conferencia Sectorial de Educación, integrada polos responsabeis autonómicos en materia educativa e o ministro de Educación, Ángel Gabilondo. A titular de Sanidade, Trinidad Jiménez tamén asistiu ao encontro. Deste xeito, decidiron por unanimidade continuar co calendario escolar establecido e non retrasar o inicio do curso. Mantense a "normalidade académica" e non pechará "ningún" centro. 

Isto foi o que anunciaron os ministros na conferencia de prensa posterior ao encontro cos conselleiros, onde indicaron que a comisión de seguimento permitirá analizar a situación da gripe nos centros escolares "para dispoñer dos medios necesarios e anticipar decisións con previsión do que poda acontecer".

Para establecer os grupos de risco, segundo o ministro, os conselleiros atenderon ás razóns de Trinidad Jiménez de non incluír finalmente os menores de 14 anos e ao profesorado dos grupos de risco. Asimesmo, Gabilondo reiterou que "non existen ni razóns clínicas nin epidemiolóxicas", e sinalou que non se deu ningunha recomendación ás CC.AA. nin aos centros de reforzar o profesorado en caso de que houbese baixas.

Respecto a isto, a ministra afirmou que "ningún" país europeo decidiu vacinar a estes grupos da poboación e explicou que esta decisión corresponde á Comisión de Saúde Pública e foi ratificada o luns polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, formado polos responsabeis autonómicos en materia sanitaria. Ademais, e de acordo co Centro de Prevención e Control de Enfermidades da UE, as mulleres embarazadas e os nenos – agás os que presenten enfermidades crónicas- serán vacinados máis tarde que outros grupos, xa que non se comezou a probar o fármaco nestes colectivos.

As aulas manteranse abertas

Jiménez garante que tanto os conselleiros coma o goberno español acordaron por unanimidade non proceder ao peche das aulas, pese a que hai varios casos, a diferenza do que acontece noutros países coma Francia. "Estamos ante unha gripe, que anque é nova, e as autoridades nos preocupa e ocupa, queremos darlle a normalidade que ten. As medidas teñen que ser proporcionais á situación, e o criterio común é que non se pechen aulas", recalcou a ministra.

O ministro de Educación explicou que o seu departamento estableceu un calendario de reunións coa comunidade educativa. Deste xeito, o mércores atenderá ás asociacións de pais de alumnos, sindicatos e patronais de enseñanza. O xoves, o ministro reunirase cos responsabeis de Educación de Ceuta e Melilla, que son competencia directa do seu departamento.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: