Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Reunión internacional en Bos Aires

Stallman axita a xuntanza de wikipedistas denunciando a censura a Rebelion.org

"Non pretendo fustrigar a Wikipedia, as miñas críticas son construtivas". Así o subliñou Richard Stallman, coñecido activista do software libre.

Redacción - 10:35 28/08/2009

Seica Rebelion.org non é unha fonte informativa neutral, mais parece que si o son todo o resto de publicacións do espectro informativo. Así o impoñen os usuarios-xestores da wikipedia que na actualidade controlan a actividade da enciclopedia colaborativa e teñen a capacidade de vetar a actividade do resto de internautas. "Este é un problema, un auténtico problema, e os administradores do sitio empeoraron as cousas ao censurar os wikipedistas que se queixaran do acontecido", laiouse Stallman.

O coñecido e prestixioso activista do software libre expuxo deste xeito con contundencia a súa postura sobre este caso, aproveitando o convite que lle fixeron na apertura da xuntanza internacional Wikimania que ten lugar na capital arxentina. Na opinión de Stallman, a Wikipedia en lingua española semella "un sistema cerrado que non ofrece xeito de solucionar estes problemas". A súa reflexión foi rexeitada polo coordinador do encontro, Patricio Lorente, quen opinou que Stallman "non entende a dinámica real da wikipedia hispana". "Non hai líder, as decisións baséanse no consenso", defendeu Lorente. "Por desgracia Richard ten amigos que o convenceron de que este era un caso real de discriminación, pero non é certo", argumentou.

Poden ampliar en Rebelion.org, New York Times e Página 12.


4,9/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: