Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ralentización de investimentos

A crise financeira pode frear a aposta das caixas pola obra social

O Banco de España insta as entidades a non seren ambiciosas neste apartado durante este exercicio.

Redacción - 12:10 25/08/2009

Unha porcentaxe significativa do que até o de agora ía a actuacións relacionadas coa chamada "obra social" das caixas, podería desviarse agora á hucha dos fondos cos que as entidades incrementan o seu capital de primeiro nivel. Así se extrae das recomendacións ás caixas que transcenderon desde o Banco de España.

No caso galego por exemplo, dan importancia do balance de inxección económica das caixas no sector sociocultural as cifras do último exercicio. Un total de 83,5 millóns de euros no caso de Caixa Galicia e 63,2 no que lle toca a Caixanova foron as cifras no apartado de obra social das caixas. Cultura, tempo libre e ciencia é o apartado ao que máis cartos destinaron as entidades. Salientan tamén as cantidades adicadas a proxectos relacionados coa asistencia social e sanitaria, educación e investigación e patrimonio histórico-artístico e natural.

Así por exemplo, e considerando tan só a cidade da Coruña, onde a propia entidade ten a súa sede, Caixa Galicia facía balance recentemente dun investimento acumulado de máis de 115 millóns de euros en actividades e na rede de infraestruturas da súa obra social. A entidade xestiona só na capital herculina un total de 14 centros socioculturais que durante o último ano xeraron eventos que abrangueron a participación de case medio millón de persoas. Subliñan desde a entidade que Caixa Galicia destácase con cifras como esta como "o maior axente cultural privado de Galiza".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: