Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGURIDADE VIARIA

No primeiro semestre do ano 7.300 condutores foron sancionados por sobrepasar a taxa de alcol

Máis de 1.300 foron detidos e pasaron a disposición xudicial por sobrepasar un taxa de 0,6 miligramos.

Redacción - 15:00 23/08/2009

Entre xaneiro e xuño deste ano 7.300 condutores foron sancionados por exceder a taxa máxima de alcol (0,25 miligramos por litro espirado). Do total, 1.300 foron detidos e postos a disposición xudicial logo da proba por teren superado os 0,60 miligramos, o que está considerado como delito polo Código Penal e que, ademais de multa económica, comporta unha retira de carné por un mínimo de oito meses.

O ressponsábel da Garda Civil de Tráfico en Galiza, Xosé Luís Ulla, sinalou este domingo nunha entrevista radiofónica que durante o primeiro semestre fixéronse 400 mil probas. Ulla insistiu que no 60% dos accidentes están provocados polo consumo de alcohol.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: