O antigo asesor de Clinton pronúnciase a prol dunha alternativa que sexa reserva mundial para garantir a estabilidade financeira.
Joseph Stiglitz
"Cómpre un novo sistema de reserva global", subliñou Joseph Stiglitz, premio Nobel de Economía en 2001, durante unha conferencia en Bangkok esta semana. O prestixioso economista estadounidense, que pilotara o Banco Mundial e que foi destacado asesor durante a presidencia de Bill Clinton nos EUA, advertiu sobre a estabilidade do dólar e chamou ao consenso sobre novas fórmulas. Na súa opinión, a propia vontade favorábel de países como China e Rusia sobre a posibilidade de crear unha divisa internacional que releve o dólar como moeda de referencia, garante que o tema chegará ao primeiro plano máis cedo que tarde.
Por outro lado, Stiglitz falou criticamente sobre o capitalismo neoliberal e a desregulación de mercados promovida desde os EUA, insistindo sobre o protagonismo deses factores na crise financeira internacional. Ao respecto, chamou a atención tamén sobre o perigo de que a inxección de cartos públicos no sistema financeiro favoreza a extensión da burbulla da especulación.
Para ampliar: