Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acusacións a CajaMadrid

Néganlle 11 millóns para vivendas protexidas o día que financian con 76 a fichaxe de Ronaldo

Un coñecido promotor madrileño denuncia a paradoxal negativa recibida desde a entidade financeira coa que tiña un compromiso previo.

Redacción - 11:25 20/08/2009

As acusacións ás entidades financeiras polo peche da billa para o financiamento a pequena e medianas empresas e familias teñen sido reiteradas nos últimos tempos por diversas formacións sindicatos e asociacións de consumidores. Recordaban desde estes colectivos o elevado número de operacións inmobiliarias que, no marco de prácticas especulativas, levaron adiante moitas das entidades, bancos e caixas de aforros, que agora reciben a inxección de cartos públicos para sanearen as súas contas.

Un coñecido promotor da localidade de Fuenlabrada, en Madrid, mediaticamente coñecido coma o "Pocero bueno", en contraposición co famoso construtor Francisco Hernando "El Pocero", acaba de poñer na mesa un exemplo da paradoxal actuación das entidades financeiras. José Moreno recorda que desde comezos de ano tiña o compromiso de Caja Madrid para o financiamento de máis de trescentas vivendas protexidas, contando co ingreso de 11 millóns de euros para levar adiante a obra. Mais o pasado 16 de xuño, Moreno recibiu a chamada da entidade comunicándolle o trasacordo: non financiarían o proxecto. O mesmo día, a prensa económica e deportiva facíase eco da inxección de 76 millóns de euros coa que a mesma entidade avalaba a fichaxe de Cristiano Ronaldo polo Real Madrid, a máis cara na historia do fútbol.

Poden consultar a conversa co promotor no diario.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: