Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APROBADA EN 1993

Só as cidades teñen medios para cumprir a Lei de Protección Animal

Dezaseis anos despois da aprobación da normativa, a maior parte dos concellos non dispoñen de centros de acollida nin de servizo de recollida.

Redacción - 11:40 19/08/2009

Dende 1993, Galiza conta cunha Lei de Protección Animal. A norma buscaba dotar dunha mínima protección legal tanto aos animais domésticos coma os salvaxes. Dezaseis anos despois da súa entrada en vigor, colectivos de protección animal, como é o caso da asociación Libera, denuncian que queda moito camiño por percorrer. A maior parte dos pequenos e medianos concellos do país incumpren a lei.

Rubén Pérez, de Libera, critica que “é unha indecencia antepoñer cuestións económicas ao cumprimento das leis; os concellos aproban os orzamentos en pleno, e ademais están obrigados a contratar e facilitar certos servizos”. De feito, son moitos os consistorios que recoñecen que non teñen fondos suficientes para facer
cumprir a normativa legal.

Como exemplo, sinálanse casos como o do Consorcio das Mariñas. Dos nove concellos da bisbarra coruñesa, só Arteixo conta con servizo de lacería. Porén, ningún deles dispón de centro de acollida de animais.

No caso contrario están as cidades. Dende Libera recoñecen que municipios como Ourense, A Coruña, Santiago Pontevedra ou Lugo si contan con instalacións adecuadas e con ordenanzas actualizadas.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: