Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
POR IMPAGO

O Cidade de Santiago descende da Segunda B

Non cumpriu as garantías que lle exixía a Asociación de Futbolistas Españois para saldar a débeda cos xogadores, que ascenden a máis de 200 mil euros.

Redacción - 19:00 04/08/2009

O club compostelán Cidade de Santiago perdeu a categoría en Segunda División B por mor do impago das débedas que tiña pendentes con varios xogadores do equipo, unha cantidade que ascende a máis de 200 mil euros. Logo de non cumprir coas garantías exixidas dende a Asociación de Futbolistas Españois (AFE), o presidente desta entidade xa enviou unha carta á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) na que comunica a decisión, que afecta ademais a outros dous clubs: a Unión Deportiva Ibiza e o Mérida UD.

A cambio, un ascenso
O substituto do club compostelán dependerá do que suceda agora co Cidade de Santiago. Se o equipo se inscribe na Terceira División, a súa praza en Segunda B será ocupada polo Montañeiros da Coruña. Mais se o equipo desaparece ou se inscribe nunha categoría inferior á Terceira, sería o Club Deportivo Ourense quen ascendería para a división de prata do fútbol español.


Ligazóns

2/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: