Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTATÍSTICA

Galiza, remanso de máis de setecentos centenarios

Un total de 717 galegos superan o século de vida e son as mulleres as que lideran a poboación máis envellecida.

Redacción - 10:00 25/07/2009
717 galegos superan o século de vida

717 galegos superan o século de vida

Galiza ascende a 717 habitantes, unha cifra que se multiplicou por catro nos últimos dez anos. De todos aqueles que no Estado Español cumpriron xa un século de vida, o 10% viven en Galiza, que ocupa o cuarto lugar neste listado de centenarios (despois de Andalucía, Cataluña e Madrid).

Así as cousas, as diferencias son moi notábeis se comparamos a lonxevidade de homes e mulleres. Son do xénero feminino 531 galegas que xa alcanzaron esa idade, fronte a 186 homes. É dicir, tres de catro centenarios galegos son mulleres, segundo os datos de Estimación da Poboación Actual do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Doutra banda, se reparamos no ámbito xeográfico dos nosos maiores, A Coruña é a provincia na que viven máis persoas que superan os 100 anos, con 250 persoas. Séguelle Pontevedra, con 183; Lugo, con 147; e finalmente Ourense, con 137.

Se falamos de nonaxenarios, en Galiza temos 28.999 persoas con idades comprendidas entre os 90 e os 99 anos, polo que podemos predicir que o número de centenarios galegos poderá ampliarse na vindeira década, xa que tamén esta estatística revela un aumento considerábel sobre os últimos datos coñecidos. Unha vez máis, máis da metade das persoas que superan os 90 anos son mulleres (14.918 fronte a 8.190 homes).

Malia que non podemos dicir que Galiza sexa a comunidade do Estado con máis centenarios, si é de subliñar as diferenzas con outros territorios como Baleares ou Navarra, onde non hai máis de 120 maiores desa idade; ou A Rioxa, onde só cumpriron o século 42 persoas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os homes que superan os cen anos son 186; as mulleres 531
Os homes que superan os cen anos son 186; as mulleres 531
A Coruña é a provincia onde residen máis maiores
A Coruña é a provincia onde residen máis maiores
As mulleres son as máis lonxevas en Galiza e no Estado / Flickr: Dario Traveso
As mulleres son as máis lonxevas en Galiza e no Estado / Flickr: Dario Traveso