Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEITE

O PSdeG acusa o Goberno de condenar a máis de catro mil explotacións ao peche

Cualifican ao proxecto como "Plan de Abandono Obrigado" e exixen que as axudas directas cheguen até os 50 millóns de euros.

Redacción - 19:10 23/07/2009
Sonia Verdes acusa a Feijóo de situar aos produtores de leite galegos en inferioridade de condicións

Sonia Verdes acusa a Feijóo de situar aos produtores de leite galegos en inferioridade de condicións

As reaccións ao anunciado Plan Lácteo non se fan agardar, e os socialistas galegos xa cualificaron este proxecto como "o Plan de Abandono Obrigado". A portavoz de Agricultura do PSdeG, Sonia Verdes, acusa o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, de condenar ao peche a máis de catro mil explotacións gandeiras.

Reclamou da Xunta que siga o exemplo doutras comunidades autónomas como Asturias, Castela León, Euskadi ou Cantabria, onde as axudas directas ás explotacións son moito máis cuantiosas. Así, piden que o goberno galego destine 50 millóns de euros en axudas directas, concedendo subvencións por 7,500 euros por explotación (o máximo permitido pola Unión Europea) xa que a crise gandeira que se está a vivir actualmente non ten precedentes, e lembran que "a Xunta conta con todas as competencias para inxectar cartos ao sector".

Finalmente, os socialistas recordan que "o sector precisa menos palmadas nas costas e máis accións de goberno encamiñadas a resolver a difícil situación conxuntural". De non facelo, din, "o Goberno será responsábel do abandono da actividade dos gandeiros galegos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: