Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Trato diferente" con Galiza

En Xixón e en Bilbao paga o Estado, por que na Coruña non?

O BNG exixelle ao Goberno español que financie "integramente" as obras do Porto Exterior ou se non, que lle transfira as competencias á Xunta.

Redacción - 19:00 22/07/2009
Localización (clique para ampliar)

Localización (clique para ampliar)

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, acusou esta cuarta feira en conferencia de prensa o ministro español de Fomento, Xosé Blanco, de "mentir" aos galegos sobre "os prazos fixados" para rematar as obras do Porto Exterior de Punta Langosteira na Coruña.

"Xa está ben de que nos relaten o que está a pasar. A función dun ministro é dar solucións aos problemas e non dicir que os hai", queixouse o portavoz nacionalista na Cámara, onde o Bloque xa presentara unha interpelación á Xunta neste senso.

Aymerich denunciou que Galiza recibe en materia de infraestruturas "un trato diferente" por parte do Estado ca o que lle dá a outras comunidades autónomas.

Mentres o porto do Musel, en Xixón, ou o de Pasaia, en Bilbao, son financiados integramente polo Estado -cos beneficios achegados tamén polos da Coruña ou Vigo, apuntou-, Punta Langosteira depende da "especulación urbanística".

Neste senso, o BNG rexeita a posibilidade de que a Autoridade Portuaria da Coruña utilice os terreos do porto herculino para edificar e tirar beneficios cos que rematar de financiar o Porto Exterior.

"Galiza non pode depender dunha operación urbanística para financiar obras vitais para o seu desenvolvemento", expuxo o seu portavoz parlamentario.

Traspaso de competencias
Preguntando pola posibilidade de que a Xunta achegue capital para subvencionar o sobrecusto do proxecto, o nacionalista afirmou con rotundidade que "iso só podería ser contemplado se o porto pasa a ser competencia do Goberno autonómico".

Ao se tratar dun porto de "interese e competencia estatal" é por iso que debe ser o Estado quen o financie ou que lle sexan transferidas as competencias a Galiza, dixo.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: