Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Disolven a golpes a manifestación mariñeira

Entre paus e cemento, as administracións seguen de costas aos afectados polo porto exterior

Os mariscadores e mariñeiros seguen agardando resposta "xusta" polas obras de Punta Langosteira. Segundo os sindicatos, de momento só hai "desprezo" e paus "inxustificados".

Redacción - 09:00 20/12/2007

Despois de moitos meses insistindo na reclamación do pagamento das indemnizacións, debido á imposición do cesamento da actividade pesqueira na zona polas obras do porto exterior coruñés, os ánimos do sector chegan a este Nadal nunha mestura de decepción e indignación.

O atraso nas negociacións para a resolución do conflito motivou a volta ás mobilizacións, e ducias de traballadores do mar botáronse á rúa este mércores na Coruña, para insistiren nas súas reivindicacións. Despois de cortar o tráfico por espazo de hora e media, mariscadores e mariñeiros víronse sorprendidos pola chegada de dúas ducias de policías que disolveron a paus a concentración, nunha acción cualificada pola CIG de "excesiva" e "violenta".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: