Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS DO INE

Cada vez mércanse menos vivendas

En Galiza, a compravenda de inmóbeis caeu un 33,3% en maio, unha porcentaxe que se mantén case invariábel nos últimos meses.

Redacción - 11:15 16/07/2009
O mercado de vivenda de segunda man experimentou unha maior caída

O mercado de vivenda de segunda man experimentou unha maior caída

O lixeiro descenso nos prezos da vivenda non fai animarse aos posíbeis compradores e o mercado inmobiliario mantense máis ou menos estancado cun número de transaccións moi inferior ao vivido hai exactamente un ano. Se no pasado mes de abril a caída da compravenda era do 34,4%, no de maio a estatística baixa só unha décima, até o 33,3%. En termos exactos, o número de operacións rexistradas foi de 1.714, é dicir, este foi o número de persoas que se atreveron a mercar un inmoble no quinto mes do ano.

O ritmo de caída do mercado é superior ao vivido no Estado Español, onde o descenso na compravenda é unha décima inferior, do 32,2%, segundo os datos dados a coñecer este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A segunda man, en retroceso
Outra tendencia que se confirma mes a mes é que, de mercar, os cidadáns optar preferentemente pola vivenda nova. A caída segue sendo máis acusada no caso da segunda man, cunha compravenda que no Estado baixou un 34,9% (593 transaccións en Galiza), mentres que as operacións sobre novos inmóbeis descenderon o 29,4 % (1.121 transaccións).

Ademais, o 90% dos pisos que cambiaron de mans no pasado mes de maio foron libres (1.613) e o 10% restantes protexidos (101). En termos interanuais, o número de vivendas libres transmitidas por compravenda baixou un 33,3% e o de protexidas fíxoo un 20,2%.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: