Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Defenderá no Parlamento o proxecto de Pescanova

O PPdeG impulsará a recuperación da piscifactoría de Touriñán

O bipartito "perdeu unha oportunidade de dinamización económica e de xeración de emprego", din.

Redacción - 19:35 14/07/2009
Veciños e ecoloxistas opóñense

Veciños e ecoloxistas opóñense

O PPdeG levará ao Parlamento diversas iniciativas para "impulsar a recuperación" do proxecto acuícola da empresa Pescanova en Cabo Touriñán, informou este martes nun comunicado enviado aos medios.

O portavoz do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, sinalou nunha conferencia de prensa que o anterior Goberno da Xunta "perdeu unha oportunidade de dinamización económica e de xeración de emprego" por se negar a autorizar este proxecto.

Ruíz Rivas reuniuse en Camariñas con alcaldes e presidentes locais do PPdeG na comarca, que "constataron que a etapa do Goberno bipartito se caracterizou por un esquecemento absoluto" da Costa da Morte, precisou.

O PPdeG apuntou que os rexedores locais "mostraron a súa satisfacción" ante a posibilidade de que a multinacional Pescanova renove o proxecto de instalación da planta para o cultivo de rodaballo en Cabo Touriñán, que foi desbotada polo anterior Executivo, e rexeitada por organizacións sociais, veciñais e ecoloxistas, segundo os populares "baseándose en supostas razóns ambientais".



1,5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: