Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNHA IMAXE PARA O GALEGO

O noso sentir e a voz do fogar, últimas achegas audiovisuais

Até á medianoite deste venres aínda podedes enviar os vosos vídeos e fotografías para participar no concurso de Vieiros.

Redacción - 11:00 10/07/2009

Xa son horas o que queda para pechar definitivamente o prazo de recepción de fotografías e composicións audiovisuais para o certame en rede Unha imaxe para o galego. Con todo, para aqueles que deixan todo para o final, aínda hai tempo para continuar a espremer a creatividade até que remate oficialmente este venres 10 de xullo.

O chamado ao noso sentir ou ao inmediato contexto familiar do fogar son as vías que explotan algunhas das últimas propostas audiovisuais que chegaron á nosa redacción. Así, por exemplo, Teresa de la Hera proponnos unha composición que arrinca na máis formal expresión, na da linguaxe escrita, para apelar a un dos símbolos identitarios máis universal: a lingua.

 

Pola súa parte, Luís Antonio Pérez Barral, tira do seu entorno máis próximo para propoñernos unha reflexión común sobre o futuro do galego, un porvir que está nas nosas mans. 




Até o de agora, e a piques de pechar o prazo, chegaron até Vieiros máis dun cento de fotografías e oito vídeos que optan aos premios desta edición: unha cámara fotográfica e unha videocámara. Podedes ver aquí as imaxes e achegas audiovisuais que compiten por facerse con este recoñecemento. Nos vindeiros meses xuntarase o xurado e tomará a decisión. No seu momento, daranse a coñecer os gañadores.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: