Aínda estades a tempo de participar no certame organizado por Vieiros para expresar mediante imaxes e vídeos o que o voso idioma significa para vós.
A imaxe "Galego, voa que cae a noite", de Manuel, foi unha das últimas en chegar á redacción de Vieiros para participar no concurso Unha imaxe para o galego. Esta fermosa fotografía fai unha metáfora visual da viaxe que o autor invita a realizar á lingua, facendo un símil entre a sensación de liberdade que tradicionalmente se lle atribuíu ao feito de voar coa rotura das barazas que, segundo da a entender Manuel, asfixiarán ao galego se non o avisamos de que vén a noite.
Esta é unha máis das imaxes que seguen chegando á redacción de Vieiros e seguirán facéndoo até o día 30 de este mes, cando remate o prazo para participar no concurso. Animádevos e participade enviando as vosas imaxes ou ben os vídeos que consideredes oportuno. Para máis información consultade aquí as bases do concurso.