Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECONOMÍA

O Banco Central Europeo tamén avoga pola flexibilización do mercado laboral

Augura que a zona euro manteña unha actividade económica débil durante este ano, pero prevé taxas de crecemento positivas a mediados de 2010.

Redacción - 13:00 09/07/2009

"As reformas dos mercados de traballo teñen que contribuír a un proceso axeitado de fixación de salarios e á mobilidade xeográfica e sectorial". Esta é unha das propostas que fai o Banco Central Europeo (BCE) no seu boletín de xullo, no que anima aos gobernos da zona euro a que elaboren e comuniquen estratexias de saneamento presupostario "ambiciosas e realistas" e reformas estruturais, incluído o mercado laboral.

Melloras para o 2010
Ademais, a institución europea asegura que a recuperación chegará, de xeito gradual, a mediados do ano que vén. Así, entende que a actividade económica neste 2009 na zona euro se manterá débil, se ben o ritmo de contracción será menor acusado que o vivido até o de agora no primeiro trimestre do ano.

Como vías de solución, propón "esforzos de consolidación que se deberían intensificar" para garantir "a recuperación de posicións sólidas e sostíbeis das finanzas públicas, a fin de reforzar a estabilidade macroeconómica".

Para o BCE, os riscos para as perspectivas económicas están equilibrados e vaticina que os efectos derivados das medidas de estímulo macroeconómico poderían ser maiores do agardado. Finalmente, asegura que é posíbel que a confianza mellore máis rapidamente do que se prevé actualmente.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: