Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NEGOCIAN CON SACYR

As caixas galegas poderían facerse cunha parte da propiedade da AP-9

Caixanova e Caixa Galicia mercarían por 400 millóns o 16% de Itínere, e introduciríanse no negocio das autoestradas.

Redacción - 19:00 08/07/2009

Malia que aínda non hai nada confirmado, os foros económicos dan xa por feito un preacordo entre as caixas de aforros galegas e o grupo construtor español Sacyr Vallehermoso para entrar no capital de Itínere, a actual propietaria da Autoestrada do Atlántico, a AP-9. O certo até o de agora é a confirmación de que existen conversas avanzadas para levar a bo porto esta operación, na que as entidades galegas investirían as importantes plusvalías acadadas logo da venda das súas participacións en Fenosa e Gas Natural.

Os termos deste preacordo que trascenderon apuntan a que tanto Caixa Galicia como Caixanova pagarían un total de 400 millóns de euros (200 cada unha) para pasar a controlar o 16% das accións de Itínere, que se repartirían tamén a medias (actualmente Sacyr contrala un 27,4%). Con todo, aínda non está definido o xeito en que entrarían na concesionaria, actualmente controlada ao 62% por Citigroup, nin o capital que tomarían nin o volume de inversión prevista.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Itínere, a propietaria da Autoestrada do Atlántico, está participada nun 27,4% por Sacyr e nun 62% por Citigroup.
Itínere, a propietaria da Autoestrada do Atlántico, está participada nun 27,4% por Sacyr e nun 62% por Citigroup.
Caixanova e Caixa Galicia invertirían 400 millóns de euros na operación
Caixanova e Caixa Galicia invertirían 400 millóns de euros na operación