A conselleira Beatriz Mato encargouse de lembrar que a competencia dunha reforma é do goberno estatal.
Mentres o trebón da crise segue sen amainar, o Goberno deixa saír pola boca pequena as súas preferencias para reactivar a economía. Consciente da impopularidade medida, a propia conselleira de Traballo, Beatriz Mato, referiuse ao abaratamento do despedimento como unha ferramenta máis para reactivar o emprego.
A preguntas dos xornalistas, Mato suxeriu que o abaratamento é unha medida positiva pero apurouse a dicir que a Xunta non ten que facer valoracións porque a responsabilidade de levar adiante o recurte social é competencia do goberno español.
Dende Traballo coinciden coa Confederación Espola de Organizacións de Empresarios (CEOE) na necesidade de reducir o gasto por despedimento aínda que Mato quixo matizar que esta medida por si soa non abonda para rematar coa crise.