Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Diferenzas entre os sindicatos

UXT decide suspender a folga do metal, a CIG mantena e CCOO pide unidade

A unidade entre os representantes dos traballadores rachou na que sería a vixésimo primeira xornada de paro no sector metalúrxico.

Redacción - 08:00 02/07/2009
Nova asemblea dos operarios do Metal na 21ª xornada de folga, esta cuarta feira, en Vigo / CIG

Nova asemblea dos operarios do Metal na 21ª xornada de folga, esta cuarta feira, en Vigo / CIG

UXT decidiu esta cuarta feira, nunha asemblea de delegados e afiliados en Vigo que durou tres horas, "suspender temporalmente" a folga do sector metalúrxico polo convenio colectivo na provincia de Pontevedra.

Segundo confirmou o voceiro de UXT, Diego Atanes, a asemblea aprobou, cun apoio do 78%, suspender o paro, para dar "osíxeno" aos traballadores do metal -que esta quinta feira, 2 de xullo, manteñen a súa xornada número 22 de paro-. Atanes explicou que a duración desta suspensión aínda non se concretou, pero que se trataría de "días" e, en función dos acontecementos, analizaríase a posibilidade de reactivar a convocatoria ou non.

O sindicalista asegurou que no encontro mantido de mañá entre os tres sindicatos (CIG, CCOO e UXT) "consensuouse" unha suspensión do paro, polo que a decisión da asemblea de UXT, estaría en liña con iso. De feito, destacou que "os tres sindicatos" acordaron a suspensión da folga na comarca de Pontevedra.

A CIG continúa coa folga indefinida e CCOO chama á unidade
Porén, CIG e CCOO tamén desenvolveron esta cuarta feira de tarde as súas respectivas asembleas en Vigo, onde o sindicato nacionalista acordou continuar coa folga indefinida, e CCOO avogou por que sexa a asemblea de traballadores que se celebrará na quinta a que decida.

Así, esta quinta feira 2 de xullo, ao mediodía, desenolverase unha asemblea en Praza do Rei, na cidade olívica, onde, inicialmente, está previsto que cada sindicato expoña a súa postura.

Mentres, as negociacións do convenio seguen estancadas, dende que sindicatos e patronal rexeitaron a oferta proposta polos mediadores (Xunta e Ministerio de Traballo) en canto ao incremento salarial. O seguinte paso, segundo as partes enfrontadas no conflito, e para que este deixe de estar enquistado, deberá chegar dende a Administración.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: