A Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobou o pasado venres por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2009, destinada ao financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e de solidariedade.
A Proposta de Resolución da Convocatoria 2009 presenta un orzamento total de 653.005,50 euros, divididos en 150.326,50 para a Cooperación Indirecta, a través de ONGDs con presenza en Galiza, e 502.679 para a Cooperación Directa, a través de parceiros que traballan directamente no terreo.
Os proxectos seleccionados foron os seguintes:
Moçambique: "Mellora das condicións sanitarias na provincia de Inhambane". (
Arquitectos sen Fronteiras)
Etiopía: "Desenvolvemento urbano comunitario en Addis Abeba" (
Implicadas/dos no Desenvolvemento)
Nicaragua: "Fomento da participación no marco dos gabinetes do poder cidadán no municipio de Totogalpa" (
Paz e Desenvolvemento)
Nicaragua: "Formación sanitaria como vía de desenvolvemento" (
Solidariedade Galega)
Cabo Verde: "Abastecemento de auga e saneamento para as zonas de Cabeça Monte, Inhuco e Lagariça" (
Câmara Municipal de São Filipe)
Cabo Verde: "Apoio á implantación de políticas locais con perspectiva de xénero" (Instituto Cabo-verdiano para a Igualdade e Equidade do Género,
ICIEG). Continuación deste proxecto comezado no 2008.
Perú: "Xestión do desenvolvemento sustentábel en municipios rurais andinos" (Centro de Promoción do Desenvolvemento e da Educación)
Perú: "Deseño, execución, aplicación e capacitación de actores educativos para nenas e nenos de educación inicial 4 anos" (
Tierra de Niñ@s)
Cuba: "Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do centro histórico de Santiago de Cuba" (Oficina do Conservador da
Cidade de Santiago de Cuba). Continuación do proxecto iniciado en 2007.
Siria: "Reconstrución do campo de refuxiados palestinos de Neirab" (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina,
UNRWA). Continuación deste proxecto iniciado no 2008.