Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de 1,3 millóns de persoas

Case oito de cada 10 condutores galegos reciben os dous puntos extra da DXT por non cometer infraccións

Tráfico retirou nos últimos tres anos 2.136 permisos de conducir e 700.650 puntos dende a entrada en vigor do permiso actual.

Redacción / EP - 08:00 01/07/2009
Tráfico, por scaamanho (no seu Flickr)

Tráfico, por scaamanho (no seu Flickr)

Case oito de cada dez condutores galegos -máis de 1,3 millóns de persoas-, reciben esta cuarta feira os dous puntos extra cos que a Dirección Xeral de Tráfico os premiará por non cometer infraccións dende a entrada en vigor do novo sistema de permiso de conducir.

Segundo os datos da delegación do goberno español en Galiza, a Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio do Interior repartirá un total de 2.615.502 puntos entre os condutores galegos que non cometesen infraccións dende a entrada en vigor do permiso por puntos, que representan o 77,5% das persoas con carné de circulación no país. Os beneficiados serán 1.307.751 condutores e condutoras de Galiza, que verán esta bonificación automática no seu saldo inicial, o que suporá ter un saldo total de 14 fronte aos 12 actuais.

Ademais, se ao longo dos vindeiros doce meses continúan sen ter ningunha denuncia, sumarase automaticamente un punto adicional, até os 15 máximos posíbeis. Pola súa banda, os condutores noveis que non cometan infraccións nos últimos tres anos, gañarán catro puntos até alcanzar 12.

Perda de puntos
Dende a entrada en vigor do permiso por puntos, en xullo de 2006, os condutores galegos que cometeron sancións perderon un total de 700.650 puntos do seu saldo inicial e até a 2.136 deles foilles retirado o seu permiso de condución por esgotar o saldo dispoñíbel.

Por outra banda, os condutores que perdan algún punto nestes tres anos, e non poidan acollerse a esta bonificación, poderán recuperalos mediante cursos de reeducación viaria. Este tipo de cursos son voluntarios e pódese asistir a eles cada dous anos. A formación consta de 12 horas lectivas e permite recuperar até catro puntos. En Galiza, un total de 6.200 condutores con perda de puntos seguiron, até o de agora, 596 cursos de recuperación en escolas autorizadas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: