Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO SECTOR LEITEIRO

Todas as granxas pecharon con perdas este mes de maio

Un milleiro de granxas pechadas o último ano e medio cento con embargos é o preocupante balance denunciado polos sindicatos.

Redacción - 19:50 29/06/2009
Os tractores volverán tomar as estradas

Os tractores volverán tomar as estradas

Segundo denunciaron este luns representantes dos tres principais sindicatos e da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, existen actualmente en Galiza 50 granxas que se enfrontan a expedientes de embargo. Este é só un dos alarmantes datos ofrecidos polas asociacións gandeiras, nunha conferencia de prensa que lles serviu para anunciar os actos cos que continuarán as súas protestas contra a caída dos prezos do leite en orixe, entre os días 13 e 17 de xullo.

Nesta rolda de prensa tamén se afirmou que no que vai de ano pecharon mil explotación lácteas en Galiza e criticouse que moitas granxas non estean a cobrar o leite, o que as obriga a compensar cos seus aforros as perdas rexistradas durante os últimos meses. Ante este panorama, os representantes de sindicatos e cooperativas coinciden en que entre os días 13 e 17 de xullo, as cidades de Lugo e Compostela presenciarán "unha mobilización pola supervivencia", tal e como afirma o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: