Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
socioloxía

Os portugueses: pobres pero felices

Un estudo sinala que os veciños son "socialmente fráxiles" e pouco capaces de se mobilizar individual ou socialmente. Mais teñen altos niveis de satisfacción persoal.

Redacción - 11:15 29/06/2009
Flickr: moricio2000

Flickr: moricio2000

Pobres, inamovíbeis mais, a pesar de todo, felices. Son así os portugueses? Pois isto indica o estudo Necessidades em Portugal-Tradição e Tendências Emergentes -elaborado pola TESE, CET e ICS-UL-, no que tamén se sinala que os habitantes do país veciño son moi pouco capaces de se mobilizar individual e socialmente pero que seguen a ter altos niveis de satisfacción persoal.

No traballo hai datos xa coñecidos -os que se relacionan cos niveis de desigualdades sociais ou taxas de pobreza, que afectan o 20% da poboación de Portugal-, mais hai algunhas outras novidades, como que un terzo da poboación vive "nun contexto de precariedade" e está preocupado "pola súa supervivencia". Hai temas como a imposibilidade de pagar unha semana de vacacións fóra da casa, manter a morada aquecida (32,6% non o conseguen) ou non poder gozar da baixa médica total por razóns económicas, datos que preocupan a máis dese 20% de pobres.

Outro resultado do estudo, ademais, sinala que o 35% dos portugueses ten problemas económicos importantes, e máis da metade (57%) ten un orzamento familiar por baixo dos 900 euros.

Pobres, mais satisfeitos coa súa vida
Confirmáronse tamén outros datos coñecidos: o universo dos mais vulnerábeis (que revelan máis sentimentos negativos) coincide coas persoas maiores, as familias monoparentais, ou as persoas menos instruídas. Mais hai novidades: os máis novos comezan a enfrontarse situacións de vulnerabilidade.

Todos estes datos contrastan co nivel de satisfacción que amosan os portugueses coa súa vida. Aínda sendo dos máis baixos da UE, os grao de satisfacción -6,6 nunha estala de 1 a 10-, está claramente por riba do punto medio, e o grao de felicidade -que chega aos 7,3 puntos-, tamén é un dato curioso que se desprende deste estudo.


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: