Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO

Xosé Manuel Beiras recibe o Premio Trasalba

Recoñecéselle así unha vida entregada a Galiza, tanto na súa dimensión intelectual, cívica e de pensamento.

Redacción - 13:30 28/06/2009
Beiras recibiu o galardón, que consiste nun debuxo enmarcado realizado por Isaac Díaz Pardo, unha placa e un Libro dos Amigos.

Beiras recibiu o galardón, que consiste nun debuxo enmarcado realizado por Isaac Díaz Pardo, unha placa e un Libro dos Amigos.

Xosé Manuel Beiras (1936) recibiu este domingo o Premio Trasalba, que concede a Fundación Otero Pedrayo, en recoñecemento pola súa "vida entregada xenerosamente a Galiza". O seu compromiso foi o que subliñou o xurado da entidade para escollelo como homenaxeado deste ano, na vixésimo sétima edición do galardón. De feito, entre os seus méritos, subliñouse a súa traxectoria vital, tanto na súa dimensión intelectual, cívica e de pensamento.

O encargado de realizar o laudatio foi o presidente da Real Academia Galega (RAG) e presidente de honra da Fundación Otero Pedrayo, Xosé Ramón Barreiro Fernández, quen incidiu na importancia da achega de Beiras ao mundo cultural, intelectual e político galego. Na casa grande de Cimadevila da parroquia de Trasalba, en Amoeiro (Ourense), unha nutrida representación da cultura galega expresou o seu recoñecemento ao político, ensaísta e catedrático de economía, Xosé Manuel Beiras, quen agradeceu o premio.

Con motivo desta cita, a Fundación Otero Pedrayo entrega un libro homenaxe á figura homenaxeada que, desta volta, leva por título "Xosé Manuel Beiras. Compromiso coa Terra". Este galardón foi instituído hai 26 anos e, neste tempo, foron recoñecidos Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas ou Xosé Luis Méndez Ferrín, entre outros.


4,95/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: