Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Secuestro de cartas

O representante galego no Acordo Ortográfico pide asilo en Portugal

José Luís Fontela denuncia que as forzas españolas de intelixencia están a controlar a súa correspondencia. Aspira a acadar a nacionalidade.

Redacción - 18:50 11/06/2009

O presidente da Comisión Galega do acordo ortográfico da lingua portuguesa, José Luís Fontela, pediulle asilo político ao goberno portugués, como un primeiro paso para acadar a nacionalidade. Fontela confirmoullo á axencia Lusa, segundo publica o xornal Público.

"Quero liberdade. Pedín asilo político para que non me saquen dereitos, liberdades e garantías", asegurou o avogado, poeta e escritor galego, quen acusou os servizos de intelixencia españois de "control de correspondencia" e "secuestro de libros".

Fontela dixo que vive en Portugal "dende 1992" e que decidiu solicitar o asilo político enviándolle unha carta ao Consello de Ministros para, quer obter a nacionalidade, quer obter o "estatuto de apátrida".

O avogado e poeta dixo que dende os nove anos chámanlle "separatista" por ser republicano como o seu pai e defender o portugués como lingua oficial e nacional de Galiza. Tamén asegurou que enviou dende Galiza varios libros a persoas doutros países e que nunca chegaron ao seu destino. Despois, repetiu a experiencia dende Portugal e os libros chegaron, polo que concluíu que os servizos de información españois, "policía política monárquica" están a facer "controis de correspondencia" e a "secuestrar cartas e libros". Estes supostos secuestros denunciounos nunha carta anexada ao goberno portugués e dirixida ao ministro español do Interior.


4,52/5 (25 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: