Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA TAXA INTERANUAL

Os prezos caen máis en Galiza que no Estado

A variación internanual do IPC situouse no -1,3% ao finalizar o mes de maio, é dicir, decreceu catro décimas máis que a media estatal.

Redacción - 10:35 10/06/2009
Tags: IPC maio prezos

O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) medrou o pasado mes un 0,1% con respecto a abril, o que supón unha décima por enriba do Estado, onde os prezos se mantiveron sen cambios. Con todo, se a perspectiva a centramos nun ano atrás, os prezos caeron máis en Galiza. A variación internatual do IPC situouse no -1,3% ao remate de maio, unha cifra que supera en catro décimas a media española (-0,9%). Así o reflicten os datos feitos públicos este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A medicina e o lecer, sen variacións
Se analizamos por sectores, no pasado mes de maio, aqueles onde menos cambios nos prezos houbo son o da medicina (-1,8%) e o ocio e a cultura (-1,2%). Pola contra, o sector do vestido e o calzado foron os que rexistraron unha maior subida nas súas cotizacións (+1,9%). Unha vez máis, se nos centramos na evolución internanual, os grupos que rexistraron unha maior caída do IPC foron o transporte (-9,1%), a vivenda (-2,2%), o vestido e calzado (-1,3%) e a Medicina (-1,0%). Mentres, os prezos subiron en maior medida no ensino (+4,3%), nas bebidas alcohólicas e o tabaco (+3,4%) e nos hoteis, cafés e restaurantes (+2,8%).

Por demarcacións
Todas as provincias rexistraron unha baixada dos prezos en termos interanuais. Con todo, a caída foi máis acusada en Pontevedra e Ourense (-1,7%), seguida de Lugo (-1,6%) e A Coruña (-0,6%). Se falamos en termos mensuais, as que tiveron un comportamento menos inflacionista foron A Coruña e Ourense (nas que os prezos mantivéronse invariábeis), seguidas de Pontevedra (0,2%) e Lugo (0,1%).


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O vestido e o calzado foron os produtos que máis subiron os seus prezos en maio (+1,9%)
O vestido e o calzado foron os produtos que máis subiron os seus prezos en maio (+1,9%)
O sector do transporte foi, pola contra, o que rexistrou unha maior caída de prezos con respecto ao ano padado (-9,1%)
O sector do transporte foi, pola contra, o que rexistrou unha maior caída de prezos con respecto ao ano padado (-9,1%)