Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Respecto dos datos de 2008

A produción industrial cae en Galiza case un 30%

Son os datos do mes de abril, feitos públicos polo INE. Nos primeiros catro meses do ano, este índice caeu un 20,6%, e xa se acumulan 12 meses de caídas continuadas.

Redacción - 14:30 05/06/2009

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) descendeu en Galiza un 29,7% en abril respecto ao mesmo mes de 2008. Ademais, nos primeiros catro meses deste ano, este mesmo índice caeu un 20,6%, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

No resto do Estado, este índice descendeu un 28,6%. Destes datos despréndese que a produción industrial moderou en abril as caídas que viña experimentando nos últimos meses, aínda que a baixa segue a ser considerábel. A produción industrial no Estado leva xa 12 meses continuados de caídas.

As baixas máis destacábeis son as relacionadas coa produción de vehículos de motor, remolques e semirremolques, que rexistraron unha caída do 46,2%, debidas, sobre todo, á difícil situación que vive o sector da automoción, e a desaceleración do consumo neste eido. Tamén experimentaron unha caída na produción superior ao 40% o sector dos produtos minerais non metálicos (-42,3%), a fabricación de móbeis (-42%); outras industrias extractivas (-41,8%) e en metalurxia (-41,6%).


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: