Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INCUMPRÍA A LEI DE 1986

O Supremo anula a norma navarra que limitaba o uso do éuscaro na administración

Os cidadáns residentes na zona vascófona recibirán as comunicacións oficiais nas dúas linguas oficiais na comunidade foral.

Redacción - 12:54 27/05/2009

O Tribunal Supremo confirmou este martes a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Navarra pola que se anularon varios artigos do Decreto Foral 29/2003 sobre o uso do éuscaro nas Administracións Públicas da comunidade. Segundo o alto tribunal, algúns contidos dese Decreto incumpren a Lei Foral do Éuscaro de 1986.

En concreto, o Supremo ratifica, entre outros, a nulidade do artigo que estabelece que "as notificacións dirixidas desde os servizos da Administración foral con sé na zona mixta a persoas físicas e xurídicas da zona vascófona realizaranse en castelán, salvo que os interesados soliciten expresamente a utilización do vascuence, nese caso poderán realizarse en forma bilingüe". Despois desta sentenza os cidadáns residentes na zona vascófona recibirás as comunicacións tanto en éuscaro como en castelán sen necesidade de solicitalo.

O coñecemento do éuscaro, un mérito
Outros dos artigos cuxa nulidade foi confirmada polo Supremo fan referencia á valoración do éuscaro como mérito nas convocatorias da Administración nas zonas vascófona e mixta de Navarra. En concreto, confírmase a anulación do artigo que estabelecía que, nos casos nos que o coñecemento do éuscaro fose valorado como mérito, "a porcentaxe que tal valoración supoña de incremento en relación coa puntuación que se aplique como mérito ao coñecemento do francés, inglés ou alemán, linguas de traballo na Unión Europea, non poderá en ningún caso ser superior ao 10 por cento da mesma e especificarase a cuantificación concreta na convocatoria correspondente".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: