O sindicato denuncia que a empresa Lácteos Lence suspendeu a recollida a dous produtores da Mariña que criticaron a miseria que cobran.
O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou este sábado que a empresa Lácteos Lence suspendeu a recollida de leite a dous produtores da Mariña que criticaron que a "miseria" que cobraban "non cubría nin os custos de produción".
Así o asegurou, en declaracións a Europa Press, un dos produtores, Narciso Cid. "Nin sequera podemos protestar nin reclamar o que é noso", lamentou o gandeiro, quen cualificou ao representante da empresa de "ditador". A pesar desta situación, agradeceu o "apoio" do SLG e de distintos produtores galegos e "mesmo asturianos" e avanzou que estudará "todas as posibilidades" para revogar esta situación. "Iremos con todo ata o final", insistiu.
De momento, o SLG programou unha acción de protesta co obxectivo de denunciar as "estratexias de mercado" que "empresas como Lácteos Lence tratan de levar a cabo" aproveitando "o grave momento que atravesa o sector lácteo" de Galiza.