Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na cuarta xornada de folga non consecutiva

Feijoo eríxese intermediario do conflito do metal

O presidente galego pediulles aos traballadores do sector que non "prexudiquen a actividade" doutros, en plena crise. Os empresarios estudan retirar a súa proposta para o convenio.

Redacción - 09:00 22/05/2009
Feijoo en conferencia de prensa, esta quinta feira en Pontevedra

Feijoo en conferencia de prensa, esta quinta feira en Pontevedra

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, reclamou esta quinta feira "responsabilidade" a empresarios e traballadores do metal, mais especialmente aos últimos, para que non "prexudiquen" a actividade económica doutros sectores neste momento de crise económica. "A excepcional situación de recesión exixe un comportamento impecábel e cívico", argumentou.

Na conferencia de prensa posterior a Consello de la Xunta, que se desenvolveu en Pontevedra, onde Feijoo foi recibido por un cento de traballadores do metal, o xefe do Executivo reiterou a disposición do Goberno de exercer de intermediario entre os actores enfrontados neste conflito: traballadores e patronal.

A patronal estuda retirar as súa "oferta inicial"
Pouco tempo despois de intervir Feijoo, a patronal do sector metalúrxico da provincia de Pontevedra recoñeceu, nun seu comunicado, que está "a valorar"a posibilidade de retirar a súa proposta inicial para o novo convenio, debido ao "alto custe" que está a ter a folga convocada por CIG, CCOO e UXT, e ao "sen sentido continuo, chantaxe, extorsión e ruptura da convivencia cidadá" por parte dos manifestantes do Metal.

Os empresarios tamén acusaron os sindicalistas de "esnaquizar" a industria metalúrxica e os postos de traballo, e de enganar os traballadores ao dicir que a patronal non fixo unha oferta concreta. Por todo isto, os empresarios recoñecen estar "valorando a retirada da oferta inicial", debido a que non se tivo en conta o "esforzo" que fixeron, e o "alto custe" que está a supor o paro.

Os empresarios sinalan que a folga tivo un "baixo seguimento"
A patronal tamén lamentou o "dano" que supón para a negociación que os sindicatos se neguen a valorar a proposta de convenio dos empresarios, e advertiron de que hai "presións" por parte dalgunhas empresas para retirar a devandita oferta -dous anos de vixencia, mantemento do poder adquisitivo e regulación da xornada-, empresas que están "decididas a levar a cabo un peche patronal". Por outra banda, aseguraron que a folga tivo un "baixo seguimento", e subliñaron a súa "indignación suprema" porque a cidade de Vigo e a súa bisbarra "perden investimentos" debido á "imaxe patética, de violencia e crispación" que dá con este conflito. Segundo apuntaron, o futuro destas industrias "é cada vez máis negro", e advertiron de que, con actuacións como as dos folguistas hoxe na rúa, "non se consegue a recuperación do sector".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: