Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O PREMIO FALLARASE O 10 DE XULLO

Zeltia Regueiro e Pablo García Martínez, finalistas do Biblos

O gañador completará a súa novela baixo a titoría de Manuel Rivas, e verá publicado o seu texto.

Redacción - 19:00 20/05/2009
Tags: biblos premio

O Premio Biblos-Pazos de Galicia é diferente ao resto: En primeiro lugar, diríxese unicamente aos autores de menos de 25 anos; ademais, non premia obras finalizadas, senón que escolle proxectos de novelas; e, terceiro, conta coa participación dun escritor de sona que é que asesora ao premiado sobre a mellor forma de desenvolver e completar o seu texto. Nesta ocasión (a quinta edición do premio, xa), os dous finalistas son o arzúan Pablo García Martínez (redactor de Vieiros) e Zeltia Regueiro Fuentes (O Temple-A Coruña), finalista o pasado ano.

Os dous deberán presentar agora a súa proposta definitiva antes do 13 de xuño e o 10 de xullo terá lugar a tradicional cea literaria na que se fallará o premio na Casa Grande do Bachao. O xurado está integrado por Manuel Rivas, Jesús Flores, Berta Dávila e Tucho Calvo. Nas catro edicións anteriores do certame foron premiados Iria López Teijeiro, Alberto Ramos, Patricia Casas e Berta Dávila

Nesta quinta edición será Manuel Rivas quen actúe como titor do gañador, que poderá pasar todo o mes de outubro na Casa Grande do Bachao a gastos pagados, contando cos consellos de Rivas para completar o seu traballo, que seberá entregar antes de que finalice o ano. A obra rematada, que publicará a colección Mandaio, será editada nunha edición especial en castelán para os clientes de fóra de Pazos de Galicia.

Edición 2008: A 'Xeración Xabarín' xa gaña premios


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: