Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS EN PONTEVEDRA

CIG, UXT e CCOO “aparcan as diferenzas” diante dos dous días de folga do metal

Despois de que a semana pasada Comisións declarase rota a unidade sindical, as tres centrais antepoñen os intereses dos traballadores cara as folgas dos días 20 e 21.

Redacción / Europa Press - 18:30 19/05/2009
Comezan este mércores os dous días de folga no sector do Metal

Comezan este mércores os dous días de folga no sector do Metal

Os tres sindicatos que convocaron a folga do sector do metal para os días 20 e 21 deste mes anunciaron este martes que actuarán de xeito conxunto durante as dúas xornadas de folga nas que está prevista a participación duns 27 mil traballadores. O anuncio feito por CC.OO, UXT e CIG chega unha semana despois de que Comisións Obreiras declarara rota a unidade sindical por diferenzas coa Central Intersindical Galega sobre unhas reivindicacións feitas no sector da construción naval a semana pasada. Os sindicatos anunciaron a súa determinación despois de xuntarse coa intención de debater a estratexia de acción para os dous días de folga.

Os representantes das centrais sindicais anunciaron que decidiron "aparcar as súas diferenzas" ao recoñecer que a negociación do convenio colectivo "é máis importante" que as súas diferenzas, tal e como dixo Henrique Pérez, falando en nome da CIG. O representante de UXT, Diego Atanes, confirmou que "non haberá diferencias" respecto a folgas do metal anteriores e manterán a acción conxunta. Pola súa parte o portavoz de CC.OO, Ramón Sarmiento, explicou que a unidade débese a que os tres sindicatos coinciden en puntos básicos da negociación do convenio, como son: regulación da xornada, incremento salarial e vixencia dun ano.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: