Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NO REXISTRO DA XUNTA

As equipas de Normalización Lingüística contra a derrogación do Decreto do galego

A CIG-Ensino presentou as sinaturas de 356 coordinadores destes grupos reclamando o mantemento da actual lexislación e a protección do noso idioma.

Redacción - 17:40 14/05/2009

"Só exiximos que se manteña a actual lexislación, aínda que sexa cativa". Esta é a petición que fai a CIG-Ensino e as Equipas de Normalización Lingüística dos centros públicos. Con esta demanda presentaron ante o Rexistro xeral da Xunta de Galiza as sinaturas de 356 coordinadores destes grupos, reclamando o mantemento do Decreto de normalización e uso do galego, así como medidas de protección e promoción activa do noso idioma.

O secretario da CIG-Ensino, Anxo Louzao, lembrou que "o galego é a lingua desfavorecida" e recordou que os últimos estudos revelan que o uso da lingua propia de Galiza se atopa en continua recesión. Ademais, subliñou que tanto a central sindical como os profesores non están dispostos "a aceptar medidas que supoñan unha involución".

Finalmente, Louzao asegurou que as sinaturas presentadas este xoves supoñen "un aval ao mantemento da actual lexislación (Decreto 124/2007), que emana do estabelecido no Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Membros de CIG-Ensino entregan as sinaturas ante o Rexistro Xeral da Xunta
Membros de CIG-Ensino entregan as sinaturas ante o Rexistro Xeral da Xunta