Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
UNIÓN DE IBERBA, REVERSO E I-MÉS

Nace unha plataforma que axuda ás empresas do Estado a usar o galego

Tres empresas xúntanse para levar as tres linguas cooficiais do estado español ao eido da comunicación comercial.

Redacción - 08:00 11/05/2009
IRI pretende que Galego, Catalán e Euskera aumenten o seu peso no mundo empresarial

IRI pretende que Galego, Catalán e Euskera aumenten o seu peso no mundo empresarial

O pasado xoves presentou en Barcelona a plataforma IRI, que xorde coa intención de axudarlle ás empresas a incluír galego, catalán e éuscaro dentro das súas políticas de comunicación. Basean a súa actividade en leis que garanten o uso das diferentes linguas oficiais nas relacións socioeconómicas no Estado Español.

Diagnósticos lingüísticos, plans de promoción, formación, tradución, asesoramento lingüístico, xestión de subvencións, e consultoría, son os principais servizos que lles ofrecen ás empresas que traballan a nivel estatal e queren atender ademais de en castelán, en catalán, en galego e en éuscaro. Ademais de galego, catalán e éuscaro, ofrecerán tamén os seus servizos en asturiano-bable e aragonés.

O acto de presentación será o xoves en Barcelona, na Casa Vasca situada na Placeta Montcada, ao mediodía. Despois comezará un faladoiro no que participarán en representación das tres empresas promotoras Antón Lado (Reverso), Toni Martínez (I-més) e Patxi Alaña (Iberba).


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: