Manuel Rivas, Alonso Montero, Mercedes Queixas expuxeron en Vieiros a súa visión sobre o intelectual galeguista
Un retrato "non haxiográfico" de Piñeiro
Mercedes Queixas defende que toda a actividade cultural realizada por Piñeiro foi sempre a praxe dunha estratexia política moi definida, que o afastou do nacionalismo e que culminou coa súa incorporación como independente ás listas socialistas. Salienta o proceso de liquidación do Partido Galeguista e lembra unha carta que Rodolfo Prada lle remitiu a Piñeiro en 1976 na que lle reclamaba que erguese de novo o Partido Galeguista, para participar nas primeiras eleccións democráticas, algo que foi rexeitado por Piñeiro.
Manuel Rivas faise co Fernández del Riego de xornalismo
O xurado recoñeceu o seu artigo 'A mesa cósmica de Piñeiro e o HAL de Kubrick', publicado por El País en xullo de 2008. Rivas conclúe o seu artigo falando da importancia histórica da obra (escrita ou non) de Piñeiro, e do propio piñeirismo, máis ca un movemento, a súa propia pegada na realidade galega: "E que cousa o piñeirismo? Ese home en loita co "ambiente cósmico", que viaxaba no espazo-tempo, que fixo da mesa de braseiro unha supercomputadora, era tamén un paradigma de realismo. Piñeiro tiña dúas conexións, en realidade complementarias. O ollar cósmico e o principio de realidade".
Ramón Piñeiro ou a reinvención de Galiza
Miguel Barros, Xusto Beramendi, Antón Baamonde, Ramón Maiz, Víctor Freixanes ou Xesús Alonso Montero expuxeron en marzo a súa visión sobre o intelectual nun ciclo de conferencias que tivo lugar en Lugo.
Catro millóns de Piñeiros no supermercado
Gadis distribuirá gratuitamente un total de 25.000 libros en galego con motivo do Día das Letras deste ano e repartirá máis de catro millóns de bolsas nos seus distintos estabelecementos, nas que se se poderá ler unha biografía de Ramón Piñeiro.
"Castelao non militaría hoxe no BNG"
"Eu son un piñeirista tremendo. Piñeiro era anticomunista, eu non; Piñeiro era galeguista, eu non. E así e todo acabo de rematar un libro de amor a Piñeiro. Eu son o primeiro que pasou pola mesa camilla: A min descóbreme Ben-cho-shey e dille a Piñeiro que hai un rapaz que estuda filoloxía e que fala galego; e Piñeiro trata de captarme. O que non entendo é por que agora todo o mundo lle chama anticomunista a Piñeiro? E logo hai moitos comunistas por aí?".