Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avaliación das axudas

O sector da automoción reclama un plan Prever "galego"

Entende que calquera medida é boa pero cualifican de "publicitaria" a iniciativa do goberno español.

Europa Press - 09:15 14/05/2009

O presidente da Federación Galega de Talleres (Fegat), organización que integra os principais concesionarios da comunidade, Luis Abelleira, demandou este mércores unha liña "autonómica" de axudas para a adquisición dun automóbil que se dirixa "directamente" ao usuario final sen implicar os fabricantes.

O seu obxectivo é reunirse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para que impulse esta medida, que aseguran vir demandando dende setembro de 2008, de igual modo que fixeron os gobernos de Navarra ou Valencia, entre outros. A Fegat aposta por unha achega de 1.500 euros para os consumidores finais, "con independencia de quen o financie".

En declaracións a Europa Press, o responsábel desta entidade apreciou a axuda de 2.000 euros ao consumidor para a compra dun vehículo anunciada polo presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero. "Todas as medidas adoptadas para botar unha man ao sector son boas", dixo, aínda que criticou a súa "reducida" contía, a súa articulación e o "atraso" da medida.

Medida "publicitaria"
Abelleira cuestionou a fórmula proposta polo titular do executivo español, que achegará 500 euros, mentres que cada comunidade autónoma deberá contribuír con outros 500 euros e os fabricantes asumirán os 1.000 euros restantes. "É unha medida totalmente publicitaria, fai colaborar ás autonomías pero nin sequera se reuniron", laiouse. A súa principal discrepancia céntrase na achega que realizarán os fabricantes, dos que manifestou que "non van poñer nada --dos 1.000 euros--" ao soster que, na actualidade, "xa dedican eses 1.000 euros" a estimular a demanda. Unha actuación que, a xuízo de Abelleira, afecta os concesionarios galegos porque a oferta dos fabricantes "está condicionada" á "eliminación dos seus stocks".

Por iso, o responsábel de Fegat defendeu un modelo de axuda que "financie directamente a compra ao usuario" para evitar as prácticas de "condicionamento" da oferta --"máis restrinxida"--, que atribuíu aos fabricantes. Abelleira considerou que a fórmula máis apropiada neste sentido sería un plan Prever "galego", unha medida que os concesionarios, segundo afirmou, "reclaman dende hai moito tempo". Como exemplo cita a axuda estabelecida en Navarra, onde esta medida traduciuse nun "importante" incremento nas vendas de automóbiles. Os requisitos, entre os que figuran ser residente dende hai dous anos na comunidade foral, aseguran, ao seu xuízo, que non se produce "competencia desleal" ou unha vulneración de directivas europeas.

Abelleira recordou que a súa organización está pendente de ser recibida polo presidente galego, Alberto Núñez Feijoo, para expoñerlle os detalles da súa proposta, baseada en articular un plan anterior a un acordo entre Galiza e o Estado. Segundo manifestou, polo momento non se produciron moitos peches de concesionarios, aínda que si considerou que estes perderon a súa "identidade galega" tras ser adquiridos por grupos foráneos, como tampouco moitos postos de traballo no sector", que estimou en 10.000, aínda que recordou que as súas vendas retrocederon un 47% en 2008.

Citröen
Pola súa banda, fontes da factoría de PSA Peugeot Citroën en Vigo aseguraron a Europa Press que "todas aquelas axudas que contribúan a dinamizar o mercado" do automóbil "son positivas". Así recordaron os efectos das iniciativas impulsadas noutros países comunitarios como Alemaña.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: