Un científico australiano coida que as características xenética do virus fan pensar que provén dun ensaio.
Adrian Gibbs, un veterano e prestixioso científico australiano, sostén que as características xenéticas do virus da nova gripe fan pensar que foi cultivado nun laboratorio. Gibbs coida que puido haber un “erro humano” que provocou o espallamento da doenza. Agora, a Organización Mundial da Saúde recoñece que non se pode desbotar esta hipótese e que a vai investigar.
Gibbs declarou ao xornal australiano Business Day que o erro puido ter lugar mentres se desenvolvía unha vacina ou que o virus saltase dun cocho a outro mamífero antes de contaxiar os humanos.
Poden ampliar en Business Day