O primeiro ministro de Portugal revelou esta terza feira que ten momentos de "angustia" e sofre de insomnio por causa do desemprego
O primeiro ministro de Portugal, José Sócrates, revelou esta terza feira que ten momentos de "angustia" e de falta de sono por causa do desemprego, a sua única prioridade neste momento. O mandatario garantiu neste senso que o Governo vai vencer a actual crise como venceu outras.
"Tamén teño os meus momentos de angustia e tamén teño os meus momentos en que non durmo ao pensar niso e sei ben o que isto significa en todo o mundo. O desemprego medra en Portugal como medra en todos os lados e o noso deber é combater iso", salientou na inauguración do Centro Social Parroquial de Lorvão, en Penacova (Coimbra).
"Imos vencer esta crise tal como vencemos outras no pasado", afirmou Sócrates, que informou de que o Governo está a facer "contratos con institucións privadas de atención social para que os desempregados" traballen neses locais, o que xa lle deu traballo, dixo, a "20 mil portugueses".