Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN 54,67¨% MIRARÁ DE CONVERTERSE EN FUNCIONARIO

Os parados ven a oposición como a solución máis próxima

Unha enquisa realizada a 1.000 parados de diferentes lugares do Estado, revela que só o 33,6% dos desempregados contempla a vía emprendedora.

Redacción - 12:45 12/05/2009
O paro medra coma o leite quente

O paro medra coma o leite quente

Un estudo realizado pola empresa Adecco revela que o 56,67% dos 1.000 parados consultados ve na realización dunha oposición a solución aos seus problemas laborais. Esta cifra fai referencia a un 40% que está considerando opositar, fronte a un 14,67% que xa está preparando os exames. Pasar a a formar parte dalgún estamento asociado á Administración é o destino preferido polos enquisados (35,5%), seguido doutras opcións como opositar á sanidade pública (9,8%), aos corpos de seguridade (7,9%) ou a profesor (6,9%).

Mentres nos parados medra a vontade de converterse en funcionarios, cada ver redúcese máis a vía do autoemprego como un medio de recuperación económica, tal e como revelan os datos publicados este martes polo Instituto de Estatística (INE). A taxa interanual revela que as sociedades mercantís diminuíron nun 12,2% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Ademais, os datos da enquisa de Adecco revelan que a porcentaxe de persoas favorables a crear o seu propio negocio vai diminuíndo segundo reducimos a idade da mostra estudada, correspondéndose esta variación cun aumento proporcional da concepción da oposición como solución.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: