Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA FONSAGRADA

Piden un total de 16 anos de cadea para os brigadistas acusados de prender lume

Aos catro acusados impútaselles un presunto "delito continuado de incendio intencionado" mentres a defensa pide a libre absolución.

Redacción - 19:15 11/05/2009
Os tres lumes calcinaron máis de unha hectárea e media

Os tres lumes calcinaron máis de unha hectárea e media

O ministerio fiscal expresou nas súas conclusións provisionais a petición de 16 anos de cárcere (catro para cada un) para catro integrantes dunha brigada contra incendios da Fonsagrada. Impútaselles un presunto "delito continuado de incendio intencionado" datados no 20 de xullo do ano 2005, cando supostamente prenderon tres lumes noutros tantos puntos do concello deste concello situado ao sueste de Lugo. Os tres lumes calcinaron máis de unha hectárea e media.

Xunto coa acusación pública, representada polo ministerio fiscal, a Xunta de Galiza presentouse como acusación privada neste proceso. Ademais das penas de prisión piden para os acusados multas de máis de tres mil euros, e indemnizacións que roldan os 2.700 euros. Pola súa parte, un dos avogados da defensa, Jesús Amarelo, dixo que "a acusación é infundada" engadindo que o caso debía ser "sobresido no xulgado de instrución".

O xuízo iniciouse con retardo pola elección do xurado, composto de cinco homes e seis mulleres, e continuará este martes, día 12. Está previsto que durante o proceso participen máis de 50 testemuñas.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: