Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A CANCIÓN DE RAIMÓN CUMPRE MEDIO SÉCULO

50 anos 'Al Vent'

En 1959 o cantautor valenciano compuxo o tema, símbolo da loita contra a ditadura nos Países Cataláns e en todo o Estado.

Redacción - 10:30 07/05/2009

Al vent,
la cara al vent,
el cor al vent,
les mans al vent,
els ulls al vent,
al vent del món.

I tots,
tots plens de nit,
buscant la llum,
buscant la pau,
buscant a déu,
al vent del món

Raimón tiña 19 anos cando escribiu Al Vent, di que despois dunha viaxe en moto. O vento golpendo na cara como sensación de liberdade; era 1959 e habería que agardar até 1963 para que a canción se editase nun disco. Xa daquela Raimón (Ramón Pelegero Sanchis) era un cantautor coñecido na Nova Cançó dos Países Cataláns, cun estilo máis áxil que se distanciaba da melancolía brasseniana de Els Setze Jutges. A canción converteuse nun símbolo da resistencia contra a ditadura, en Barcelona, en Valencia, en Madrid, e tamén en Compostela.

Este mércores Raimón foi homenaxeado na Universitat Politècnica de València. No acto afirmou que nestes cincuenta anos "cambiaron algunhas cousas, pero outras non", engadindo que "antes censurábante, agora montan excusas para non deixarche cantar". O cantautor de Xátiva referíase especialmente a Valencia, onde debido ao seu activismo catalanista e de esquerdas non actúa dende o ano 2000, e onde só unha vez, en 1992, apareceu na televisión pública autonómica.


4,63/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: